A Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia pon a
disposición de todas as persoas usuarias das bibliotecas unha serie de recursos
dixitais que, seguro, son do teu interese.
Banco de contidos "AulaPlaneta"
AulaPlaneta é o maior banco de contidos dixitais en lingua castelá e contén
materiais dirixidos a todos os públicos: o corpo humano, historia audiovisual
de España, atlas, filosofía, obradoiros de redacción, estatísticas, etc.
As bibliotecas bríndanche acceso a unha contorna adaptada ás
necesidades do alumnado actual. Para poder acceder a estes recursos só tes que
pinchar na páxina do catálogo da biblioteca. Seleccionar en recursos
electrónicos e introducir como usuario o número de carné de socio da túa
biblioteca e como contrasinal o primeiro apelido.
eJunior net 3.0
e-Junior é unha enciclopedia electrónica ideal para o alumnado de primaria e
de primeiro ciclo de secundaria.
Atlas xeográfico, atlas anatómico, vocabulario, ciencias sociais, arte,
deporte, ciencia e tecnoloxía...
Para poder acceder a estes recursos só tes que pinchar na
páxina do catálogo da biblioteca. Seleccionar en recursos electrónicos e
introducir como usuario o número de carné de socio da túa biblioteca e como
contrasinal o primeiro apelido.
Hemeroteca Dixital
A Hemeroteca Dixital Iconoce de Sarenet contén novas publicadas en
publicacións dixitais de todo o mundo: xornais, blogs, publicacións
especializadas en tecnoloxía, deporte...
Ten 2 seccións distintas:
- "Noticias del día", en constante actualización para ofrecer a información máis recente.
- "Hemeroteca", contén noticias retrospectivas e permite dous tipos de busca que, ademais, poden acotarse por áreas xeográficas, seccións de prensa, periodos cronolóxicos e medios concretos.
Para poder acceder a estes recursos só tes que pinchar na
páxina do catálogo da biblioteca. Seleccionar en recursos electrónicos e
introducir como usuario o número de carné de socio da túa biblioteca e como
contrasinal o primeiro apelido.