martes, 23 de octubre de 2018

O 24 de outubro celebramos o día da Biblioteca



O mércores, a partir das 10.30 h. na Casa da Cultura, celebrarase o espectáculo musical infantil ‘Contos para un mundo mellor‘, a cargo de Gloria Mamá Cabra e Diego Maceiras dirixido a menos e nenas de 3º e 4º de primaria.
Diego Maceiras (acordeón) e Gloria Mosquera contan varias historias con música e cancións, nas que se tratan temas como o medo, o coidado da natureza, o acoso escolar, o saber dicir NON… facendo reflexionar sobre a importancia da empatía, da prudencia, da superación persoal, da cooperación e  da responsabilidade como necesarios mecanismos de PAZ e FELICIDADE.

viernes, 19 de octubre de 2018

O martes teremos unha nova Biblioteca Máxica en San Sadurniño


 

O martes 23 de outubro teremos unha actividade, organizada pola Biblioteca Municipal, que está integrada no programa da Xunta de Galicia Ler Conta Moito e terá como convidados os nenos e nenas da Escola Infantil A Rolada nun primeiro pase ás 10:30 h., e un 2º pase cos alumnos e alumnas de 1º e 2º de primaria
A biblioteca máxica é un proxecto que Pallaso Piruleta&Cía vai actualizando con novos argumentos e labores que sempre teñen por escenario unha biblioteca e como protagonistas principais os libros, contos, xornais, revistas e documentos de todo tipo.
Don Renato é un bibliotecario atípico: transforma os contos en cancións, repara libros con maxia, convive con seres fantásticos, co obxectivo de motivar á animación lectora do público que lle visita. Un día visítalle Piruleta, un neno novo na vila e xuntos farán unha animación teatral á lectura que xamais esquecerán.
Pallaso Piruleta&Cía é froito das experiencias dun grupo de profesionais na educación que viron o potencial do teatro e doutras artes ao vivo como ferramenta pedagóxica na infancia. Desde 2003- ano da súa creación- a produtora puxo en marcha máis de medio centenar de obras, dúas curtametraxes, un documental e a edición impresa do libro ilustrado O Anónimo
Pallaso Piruleta&Cía é unha fabrica de soños, de momentos únicos e máxicos, de ilusións; onde crean proxectos personalizados que os diferencian por fusionar clown, circo, maxia, teatro, música, monicreques,.

jueves, 14 de junio de 2018

Visita dos nenos e nenas de Educación Infantil



"O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa:"
Hoxe pola mañá, ás 10 e media,  pasámolo moi ben co Teatro Calavera!!. Baixaron ao Salon de Actos da Casa da Cultura os nenos e nenas de Educación Infantil, para disfrutar dun espectáculo que vai enmarcado no programa de Ler Conta Moito.
O teatro calavera e unha cía que ademáis de arrincar sorrisos, aposta pola aprendizaxe a través do xogo, da acción e do humor. Busca a interacción co público, animando a que as nenas e nenos se expresen e participen levados pola fantasía

Duración : 80 minutos

SINOPSE É unha historia de amor ,romántica, dun cociñeiro chamado Antón e unha pasteleira chamada Tomasa. Cando Antón probou esas mazás asadas cubertas con tanto caramelo, da emoción, deulle un mareo, berrou, saltou... e ao cabo dun pouco... POM! O cociñeiro Antón esnafrou, e caeu no chan escarranchado, retorto e petrificado.
A continuación tivemos: Un obradoiro de pasta de azucre (Fondant)
As nenas e os nenos aprenderon a decorar magdalenas coa novedosa pasta de azucre "fondant". Atractiva pola variedade de cores, facil de moldear ao gusto dos pequeños chefs e , ademáis está riquísima!. Aínda que a comeron na casa
Estimulando a súa creatividade, axudando a espertar o seu talento culinario e poñer en práctica os hábitos de hixiene necesarios para a actividade.