martes, 21 de marzo de 2017

A poeta Dores Tembrás impartirá dous obradoiros de poesía en San Sadurniño

  
O xoves 23 de marzo contamos coa presencia de Dores Tembras, no CPI de San Sadurniño, para impartir dous obradoiros de poesía con doble motivo, un para celebrar o día da poesía (21 de marzo) e outro para acompañar as actividades que se convocan no concello a través da área de igualdade e servicios sociais polo día internacional da muller.

Elas. Poesía de muller

Obradoiro de poesía. Dirixido a rapaces e rapazas de 3º da ESO
Terá lugar na Aula de música do CPI de 12:25 a 14:05 h.
Nº de horas: 2
Descrición: Concibido para aproximarnos a unha escolma de importantes autoras que permitirá analizar de perto o seu traballo poético e as características da súa escrita dentro da poesía galega contemporánea. Ao tempo que se perfilan ferramentas e cuestións de teoría poética.

 Penélope 

Obradoiro de poesía dirixido a rapaces e rapazas de 4º de ESO
Terá lugar na Aula de música de 15:20 a 17 h.
Nº de horas: 2
Descrición: Penélope é unha das figuras fundamentais que transita a literatura universal dende hai moitos séculos. Algúns poetas galegos quixeron retratar tamén a esta muller mítica. A través dunha escolma con textos de Rosalía de Castro, Cunqueiro, Xohana Torres, María Rosendo, Xosé Mª Díaz Castro, Carmen Blanco, tamén a través dun poema de Tennyson ou con cancións de Serrat ou Maná aproximarémonos á ollada poliédrica deste personaxe complexo e que non admite análises planas. Ademáis apoiarémonos tamén nalgún material plástico: pintura, escultura e intervencións artísticas axudarán a enriquecer esta nova ollada que o alumnado se encargará de fechar coa súa propia Penélope nun texto escrito.

Dores Tembrás, poeta, con fondas raices en San Sadurniño, acumula longa experiencia impartindo obradoiros en centros de ensino. Xa sexa como medio de aproximación á poesía, con monográficos sobre autores específicos ou cunha serie de propostas nas que se aborda o poético dende diferentes perspectivas. Naceu en Bergondiño en 1979. Licenciouse en Filoloxía Hispánica no 2001. Logo dunha bolsa predoutoral da UDC e de diferentes estadías investigadoras en Suecia, Madrid e Bos Aires defendeu a súa tese doutoral: La obra poética de Alejandra Pizarnik. Arquitectura de un desencuentro (2008).
Ao longo destes anos desenrrolou a súa actividade como investigadora na Universidade da Coruña, publicando numerosos artigos sobre a obra poética de Alejandra Pizarnik en actas, revistas científicas e volumes colectivos adicados á literatura hispanoamericana.
Está a piques de sair a súa contribución nunha obra monográfica sobre a poeta arxentina, editada por Cristina Piña, onde se recollen nove estudos de investigadoras especializadas na obra pizarnikiana.
En 2009 publicou o seu primeiro poemario O pouso do fume, que quedou de finalista xunto con Deter o día cunha flor, de Luz Pozo Garza na categoría de mellor libro de poesía nos premios da AELG 2010. Participou co micropoemario Esquiagrafías na Revista das Letras. Tamén na antoloxía elas, e noutros volumes colectivos e revistas