miércoles, 20 de febrero de 2019

DÍA DE ROSALÍA






     Con motivo da celebración do día de Rosalía, o 24 de febreiro, a Biblioteca Publica
Municipal de San Sadurniño regalará aos usuarios e usuarias que leven un libro en galego en préstamo, un libro e unha flor. Será o luns 25 e este día terá lugar unha nova reunión do club de lectura no que veremos e escoitaremos, a través de internet, unha conferencia de María do Cebreiro titulada: Rosalía de Castro: angustia e infinito. Obsequiaremos ás integrantes do club tamén cun libro e unha flor

lunes, 11 de febrero de 2019

ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA PÚBLICA

 
O luns  4 de febreiro empezamos coas visitas á Biblioteca

 Municipal dos nenos e nenas do C.P.I. Hoxe baixaron os de 5º de  

Educación infantil. Pasámolo moi ben con dous contos

proxectados na pantalla do salón de actos. Co primeiro "¿Que tal 

estás? descubrimos as nosas emocións. Aburridos, 

contentos, tristes...

Un libro sobre a expresión das emocións infantís a base de 

palabras e imaxes sinxelas, xogos cromáticos e tipográficos que 

favorece o autocoñecemento e a socialización dos máis pequenos. 

E co segundo titulado "¿Quen salta?" pensaron e riron... As ras 

saltan, os coellos saltan, as vacas saltan ... ¿As vacas saltan?  

porque tamén é un libro divertido e instructivo: O libro ten grandes 

ilustracións e vivas cores. A continuación subimos á sala de lectura 

e entramos en contacto con moitos libros: Pasamos unha hora 

máxica!