miércoles, 9 de septiembre de 2015

CLUB DE LECTURA DE ADULTOS



Está aberto o prazo de inscrición para o CLUB DE LECTURA de adultos. Ponte en contacto coa biblioteca. Horario da biblioteca de luns a venres de 15:30 a 20:30 h.. o por facebook: Lendo en San Sadurniño.


En que consisten os clubs de lectura?  
Un club de lectura é un grupo de persoas que len ao mesmo tempo un libro que a biblioteca lle proporciona.  Non tes que ser un experto lector: os clubs están pensados para persoas con inquietudes culturais, gana de ler, facer amigos e intercambiar opinións con outras persoas. En realidade, o libro é só o punto de partida.
 Cada un faino na súa casa pero unha vez á semana, nun día e a unha hora fixos, reúnense todos para comentar as páxinas avanzadas desde o encontro anterior. Nas reunións  debatese sobre o que se leu na casa.
En cada reunión acórdase a cantidade a ler nos días posteriores, e é ese anaco soamente o que se comenta na seguinte. Naturalmente calquera ten o dereito a exceder ese límite, pero non pode desvelar aos seus compañeiros o que sucede despois do punto marcado
A gran aceptación que teñen os clubs débese, seguramente, a que reúnen dous alicientes:
- A lectura persoal e íntima
- A posibilidade de compartir esa lectura con outras persoas.
Polo xeral as opinións dos membros do grupo enriquecen moito a impresión inicial que cada un saca lendo en solitario.

Onde e cando?
.          
O día e a hora establecerase unha vez se poñan  de acordo as persoas inscritas.