jueves, 25 de enero de 2018

OBRADOIRO DE LECTURA NA BIBLIOTECA DE SAN SADURNIÑO

Un libro infantil pode se algo moi simple ou moi complexo. A educación en valores tamén. Proxectamos en pantalla grande o libro de pequeno azul pequeno amarelo.
Descripción do conto:
Pequeno azul vive con mamá azul e papá azul e teñen moitos amigos, pero o seu mellor amigo é pequeno amarelo e con el xoga ao escondite, ao corro. Un día descobren algo marabilloso logo de abrazarse moi forte os dous transfórmanse, xa non son nin azul nin amarelo senón que cambian de cor.
Actividade despois de ver o conto:
As nosas mans convertéronse en pequenas azuis
 
e en pequenas amarelas

Buscaron amigos diferentes a elas
 e abrazáronse moi forte


tanto que as nosas mans cambiaran

 
Cando dúas persoas coñécense e comparten sentimentos e afeccións, o resultado é que as dúas transfórmanse porque a influencia dos demais cámbianos, ensínanos cousas novas.
Logo de traballar este libro subimos á biblioteca e empapámonos de contos 


 
 

jueves, 18 de enero de 2018

PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA PÚBLICA EN COLABORACIÓN CO C.P.I



Fotografía de Arquivo

Deron comezo hoxe as actividades que se van a levar a cabo cos nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria do C.P.I de San Sadurniño. Terán lugar nas mañás do martes e xoves e prolongaranse durante este curso. Pasámolo moi moi ben!!. Xa vos ensinaremos fotos mañá!!

Xustificación das actividades


            Son innegables os beneficios que os libros teñen sobre as persoas, e especialmente sobre os nenos e as nenas; é ademais esta unha idade onde se fai fundamental o establecemento de hábitos e, a aproximación aos libros, e máis tarde a lectura, é sen dúbida unha das costumes máis saudables que os nenos poden adquirir. Os libros poden converterse nun instrumento de capital importancia para formación integral do neno e da nena. Aumenta a súa habilidade de escoitar, desenvolve o seu sentido crítico, aumenta a variedade de experiencias, e crea alternativas de diversión e pracer para el. De paso, o neno e a nena aprenden a converter facilmente as palabras en ideas, imaxinan o que non viron e fai con que consigan bucear na situación emocional do personaxe.
          Doutra banda, a través da arte, os rapaces e rapazas poden expresar os seus sentimentos e a súa creatividade,
Con estas actividades preténdense que queiran ler e que profundicen no mundo da arte, do debuxo e da imaxe a través das ilustracións.
        
Obxectivos Xerais

- Fomentar o hábito de visitar a Biblioteca P. Municipal.
- Achegar aos nenos ao mundo do libro e a lectura.
- Desenvolver a creatividade e a expresión artística.
- Identificar os propios sentimentos e emocións e ser capaces de expresalos, respectando tamén os dos outros.