jueves, 18 de enero de 2018

PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA PÚBLICA EN COLABORACIÓN CO C.P.I



Fotografía de Arquivo

Deron comezo hoxe as actividades que se van a levar a cabo cos nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria do C.P.I de San Sadurniño. Terán lugar nas mañás do martes e xoves e prolongaranse durante este curso. Pasámolo moi moi ben!!. Xa vos ensinaremos fotos mañá!!

Xustificación das actividades


            Son innegables os beneficios que os libros teñen sobre as persoas, e especialmente sobre os nenos e as nenas; é ademais esta unha idade onde se fai fundamental o establecemento de hábitos e, a aproximación aos libros, e máis tarde a lectura, é sen dúbida unha das costumes máis saudables que os nenos poden adquirir. Os libros poden converterse nun instrumento de capital importancia para formación integral do neno e da nena. Aumenta a súa habilidade de escoitar, desenvolve o seu sentido crítico, aumenta a variedade de experiencias, e crea alternativas de diversión e pracer para el. De paso, o neno e a nena aprenden a converter facilmente as palabras en ideas, imaxinan o que non viron e fai con que consigan bucear na situación emocional do personaxe.
          Doutra banda, a través da arte, os rapaces e rapazas poden expresar os seus sentimentos e a súa creatividade,
Con estas actividades preténdense que queiran ler e que profundicen no mundo da arte, do debuxo e da imaxe a través das ilustracións.
        
Obxectivos Xerais

- Fomentar o hábito de visitar a Biblioteca P. Municipal.
- Achegar aos nenos ao mundo do libro e a lectura.
- Desenvolver a creatividade e a expresión artística.
- Identificar os propios sentimentos e emocións e ser capaces de expresalos, respectando tamén os dos outros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario