viernes, 30 de agosto de 2019

Servizo de préstamo de libros electrónicos



Solicita a túa clave de acceso na nosa Biblioteca.
Ler nunca foi tan fácil!
Co teu carné de biblioteca:
Só necesitas o carné de socio para acceder a ebooks, revistas e audiolibros
Desde calquera dispositivo:
Todo vale! ordenador, e-reader, tablet, teléfono movil...tanto con conexión como sen ela

Que é GaliciaLe?


GaliciaLe é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura.
GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as persoas lectoras terán o seu espazo (ficción, informática, historia, ocio etc.) e todas as idades o seu lugar.
En GaliciaLe o lector atopará dous catálogos: un que contén o “Catálogo galego” e outro que aloxa o “Catálogo en castelán”. As obras incluídas nestas dúas contornas poderán lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e ordenadores persoais. No caso dos libros, poderá facelo, ademáis, desde un lector de libro electrónico.

Que precisas para ser usuario/a de GaliciaLe?


Para poder acceder a GaliciaLe cómpre:
  • Ser usuario/a con carné dunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. En caso de que non dispoñas del, podes dirixirte á nosa biblioteca e solicitar o teu carné.
  • Ter un dispositivo compatible (tableta, ordenador persoal, lector de libro electrónico, teléfono móbil etc.) e unha conta de correo electrónico.