Solicita a túa
clave de acceso na nosa
Biblioteca.
Ler nunca foi tan fácil!
Co teu carné de biblioteca:
Só necesitas o carné de socio para acceder a ebooks, revistas e audiolibros
Desde calquera dispositivo:
Todo vale! ordenador, e-reader, tablet, teléfono movil...tanto con conexión como sen ela
Ler nunca foi tan fácil!
Co teu carné de biblioteca:
Só necesitas o carné de socio para acceder a ebooks, revistas e audiolibros
Desde calquera dispositivo:
Todo vale! ordenador, e-reader, tablet, teléfono movil...tanto con conexión como sen ela
Que é GaliciaLe?
GaliciaLe é a plataforma de préstamo de libros,
revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das
bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o
acceso de toda a cidadanía á cultura.
GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo
temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os
intereses de todas as persoas lectoras terán o seu espazo (ficción,
informática, historia, ocio etc.) e todas as idades o seu lugar.
En GaliciaLe o lector atopará dous catálogos: un
que contén o “Catálogo galego” e outro que aloxa o “Catálogo
en castelán”. As obras incluídas nestas dúas contornas poderán
lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos
móbiles e ordenadores persoais. No caso dos libros, poderá facelo,
ademáis, desde un lector de libro electrónico.
Que precisas para ser usuario/a de GaliciaLe?
Para poder acceder a GaliciaLe cómpre:
-
Ser usuario/a con carné dunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. En caso de que non dispoñas del, podes dirixirte á nosa biblioteca e solicitar o teu carné.
-
Ter un dispositivo compatible (tableta, ordenador persoal, lector de libro electrónico, teléfono móbil etc.) e unha conta de correo electrónico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario