lunes, 22 de abril de 2019

ABRIL MES DO LIBRO. BIBLIOTECA PÚBLICA



CAMPAÑA “LIBROS PARA SERMOS LIBRES”
O día 28 de abril na Feira da Plantación, ás 11 da mañá, agasallo simultáneo en 29 concellos de máis de 200 libros. Campaña “Libros para sermos libres” da Deputación da Coruña.
O día 29 de abril ás 10 e media actividade dirixida a nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de primaria
MAGO DEIMI”: A MAXIA ESTÁ NOS LIBROS
Actividade de maxia a cargo do Mago Deimi na que os protagonistas son a Biblioteca e os libros. Números de maxia sorprendentes para interaccionar cos rapaces e que  estes entendan a lectura como experiencia máxica e chea de ilusión.
Aparición de moedas dentro de libros, libros que se colorean  por arte de maxia, carta debuxada maxicamente nun bloc, peixe ilustrado que se converte en real, predición de libros que hai agochados pola Biblioteca, xornal que se rompe e recompón de novo, auga que desaparece dentro dun xornal...
Ao tempo que se entretén aos rapaces con ilusionismo transmíteselle o valor dos libros e anímase á lectura: ler fainos saber, a lectura fai desaparecer a ignorancia, le constantemente e adestrarás a túa mente, lectura e humor fan o mundo mellor...
Todo o anterior aderezado con grandes doses de humor.
Ás 12 e media o espectáculo Cantamos? Con Luís Vallecillo dirixido a nenos e nenas de Educación Infantil.
CANTAMOS ? / LUÍS VALLECILLO
Un espectáculo de pequeno formato para cantar e xogar con divertidas cancións do seu novo Audio-libro. Unha proposta divertida e participativa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario