viernes, 19 de octubre de 2018

O martes teremos unha nova Biblioteca Máxica en San Sadurniño


 

O martes 23 de outubro teremos unha actividade, organizada pola Biblioteca Municipal, que está integrada no programa da Xunta de Galicia Ler Conta Moito e terá como convidados os nenos e nenas da Escola Infantil A Rolada nun primeiro pase ás 10:30 h., e un 2º pase cos alumnos e alumnas de 1º e 2º de primaria
A biblioteca máxica é un proxecto que Pallaso Piruleta&Cía vai actualizando con novos argumentos e labores que sempre teñen por escenario unha biblioteca e como protagonistas principais os libros, contos, xornais, revistas e documentos de todo tipo.
Don Renato é un bibliotecario atípico: transforma os contos en cancións, repara libros con maxia, convive con seres fantásticos, co obxectivo de motivar á animación lectora do público que lle visita. Un día visítalle Piruleta, un neno novo na vila e xuntos farán unha animación teatral á lectura que xamais esquecerán.
Pallaso Piruleta&Cía é froito das experiencias dun grupo de profesionais na educación que viron o potencial do teatro e doutras artes ao vivo como ferramenta pedagóxica na infancia. Desde 2003- ano da súa creación- a produtora puxo en marcha máis de medio centenar de obras, dúas curtametraxes, un documental e a edición impresa do libro ilustrado O Anónimo
Pallaso Piruleta&Cía é unha fabrica de soños, de momentos únicos e máxicos, de ilusións; onde crean proxectos personalizados que os diferencian por fusionar clown, circo, maxia, teatro, música, monicreques,.

No hay comentarios:

Publicar un comentario